HomePolíticaA-56, a autovía esquecida

A-56, a autovía esquecida

En 10 anos, a A-56 que uniría Lugo e Ourense como alternativa á N-540, segue sen licitarse, a excepción dun tramo de 8 quilómetros entre A Barrela e San Martiño, que se adxudicaba no 2008 e aínda está sen rematar.

Publicado o

- Advertisement -

Os candidatos de Ciudadanos ao Congreso polas provincias de Lugo e Ourense, José Manuel Blanco e Inés Iglesias, denuncian a “paralización” que sofre “desde hai unha década” a construción da autovía A-56 entre Lugo e Ourense.

Ciudadanos considera “prioritaria” esta infraestrutura para a “vertebración da Galicia interior”. Lembran que a falta de alternativa obriga a milleiros de condutores a ter que usar a vella estrada N-540. Esta estrada presenta mal estado en moitos tramos e ata hai uns meses, que se asfaltaron algúns tramos, había puntos nos que era “impracticable”. Segundo Ciudadanos, ter parcheado a N-540 cando se achegaban as eleccións segue o “estilo da vella política e supón un insulto aos veciños dos municipios polos que pasa a estrada e que durante anos tiveron que padecer as consecuencias do abandono de Fomento”.

Os cantidados de Ciudadanos denuncian que “os sucesivos Gobernos do PP e do PSOE non foron quen de facer nin un só quilómetro de autovía e os deputados destes partidos tanto de Lugo como de Ourense non fixeron nada en todo este tempo para esixir aos seus respectivos Gobernos avances nesta autovía”.

ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...