Homesociedade20 millóns de euros para a renovación da catenaria do treito ferroviario...

20 millóns de euros para a renovación da catenaria do treito ferroviario Monforte-Ourense

ADIF licita estas obras cun valor estimado de 20.315.871 euros, logo da autorización que lle deu o Consello de Ministros o día 20 de setembro. Trátase do paso previo á transformación da electrificación de 3 kV en corrente continua a 25 kV en corrente alterna, compatible coa alta velocidade.

Publicado o

- Advertisement -

A actuación consiste na execución dos traballos correspondentes ao proxecto de renovación total da liña aérea de contacto (catenaria) no treito ferroviario Ourense- Monforte de Lemos e conta cun prazo de execución de 20 meses.

Este proxecto é o paso previo á transformación da electrificación de 3 kV en corrente continua a 25 kV en corrente alterna. O obxecto desta actuación é a substitución da liña aérea de contacto actual (3kV en corrente continua) no treito Ourense-Monforte por unha de tipo híbrido, con capacidade tamén para albergar, con mínimas transformacións, a futura electrificación a 25kV en corrente alterna, compatible coa rede de alta velocidade.

O contrato que vén de licitar ADIF súmase ás actuacións que está a executar para a modernización do traxecto ferroviario Ourense-Monforte-Lugo, co obxectivo de incrementar a súa fiabilidade e competitividade, optimizando as condicións de explotación comercial da liña.

A renovación da catenaria entre Monforte e Ourense complétase con proxectos como o de electrificación e o de instalación de seguridade do treito Monforte-Lugo, coa construción dunha subestación de tracción en Oural e centros de autotransformación asociados, o que permitirá a conexión da cidade de Lugo coa Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia.

Tamén están en marcha os proxectos de adecuación e mellora da vía no treito Ourense-Monforte-Lugo, con licitacións para o subministro de materiais como balastro, carril, travesas ou aparatos de vía.

OUTRAS ACTUACIÓNS

Ademais, estanse a desenvolver outros proxectos de tratamento de elementos de infraestrutura, que se atopan en diversas fases de contratación, como a mellora de 23 pontes entre Monforte e Ourense, por un importe de 1,4 millóns de euros, ou as obras de reparación de 12 trincheiras no treito Ourense-Monforte por 4,67 millóns de euros. Igualmente trabállase en proxectos para a adecuación de andéns e mellora de accesibilidade nas estacións existentes entre Ourense-Monforte-Lugo.

Está en execución a redacción dos proxectos para a supresión de ata 36 pasos a nivel. Como actuación destacable, en Oural é preciso construír un novo túnel e en Monforte de Lemos estanse a valorar alternativas dunha variante ou by-pass.

Tamén, no treito Monforte-Lugo xa está en servizo a variante da Pobra de San Xiao, que permitiu a eliminación de 14 pasos a nivel e incrementar a velocidade de paso dos trens ata os 160 km/h.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...