HomeCulturaMonforte agasallará aos veciños cunha biografía de Lois Pereiro polo 25 aniversario...

Monforte agasallará aos veciños cunha biografía de Lois Pereiro polo 25 aniversario da súa morte

Esta biografía, editada pola Editorial Galaxia en 2011, está escrita polo tamén escritor monfortino Antón Lopo.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte regalará aos veciños o libro ‘A palabra exacta’, biografía escrita por Antón Lopo sobre Lois Pereiro, con motivo do 25 aniversario da morte do poeta monfortino.

Será o vindeiro luns, 24 de maio, cando o Concello regalará 400 exemplares ata esgotar existencias. Os libros pódense recolle no vestíbulo da casa consistorial entre as 9,00 e as 14,00 horas.

Esta biografía, editada pola Editorial Galaxia en 2011, está escrita polo tamén escritor monfortino Antón Lopo. O 24 de maio cúmprese un cuarto de século da morte na Coruña de Lois Pereiro.

“Desde o Concello quixemos ter un xesto cos nosos veciños para conmemorar o aniversario do falecemento, o 24 de maio de 1996, do que é un dos escritores máis importantes da nosa cidade. Con este libro, queremos que os nosos veciños descubran unha completa biografía do noso poeta Lois Pereiro, a cal esperamos sexa do seu interese”, apunta o alcalde, José Tomé.

ÚLTIMAS

Monforte fará unha poda de rebaixe nos magnolios dun tramo da rúa Cardeal

A brigada de Parques e Xardíns da Concellaría de Medio Ambiente realizará nos vindeiros...

Esperta Monforte apoia a solicitude de nulidade da votación da moción nacionalista do pleno do 29 de decembro

Esperta Monforte asegura compartir os argumentos expostos polo BNG para reclamar a invalidez do...

Máis de mil persoas manifestáronse en Santiago de Compostela pola “paz e soberanía” de Venezuela

A concentración, convocada pola Asociación Galego-bolivariana Hugo Chávez (Agabo), foi secundada por sindicatos, asociacións...