HomeTerra de LemosPantónA ARI de Ribeira Sacra enviou 67 solicitudes para construír ou rehabilitar...

A ARI de Ribeira Sacra enviou 67 solicitudes para construír ou rehabilitar vivendas

Ata o momento concedéronse 24 axudas, aínda que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) está a analizar aínda parte das solicitudes recibidas, xa que o prazo de presentación acabou aínda o pasado 30 de setembro.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia recibiu este ano un total de 67 solicitudes de axudas para rehabilitar ou construír vivendas para uso residencial nalgún dos 25 concellos que conforman a área de Rehabilitación Integral (ARI) da Ribeira Sacra, unha figura de carácter supramunicipal declarada en febreiro do ano pasado.

Así o trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, durante unha visita a Pantón para coñecer os traballos nunha das vivendas beneficiarias destas subvencións.

Ata o momento concedéronse 24 axudas, aínda que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) está a analizar aínda parte das solicitudes recibidas, xa que o prazo de presentación acabou aínda o pasado 30 de setembro.

Este é o segundo ano que a Xunta convoca esta liña de axudas dirixidas a particulares, comunidades, agrupacións de propietarios e administracións públicas con inmobles localizados dentro do ARI da Ribeira Sacra, para realizar traballos de mantemento e rehabilitación, tanto en exterior como en interior. Entre as obras subvencionables tamén se inclúen os traballos de demolición de vivendas unifamiliares e edificios para promover outros de nova construción.

O importe máximo das axudas é de 25.000 euros (para casos nos que as obras se adaptan ás recomendacións da ‘guía de cor e materiais’).

VIARIO DE ACCESO AO BALNEARIO DE AUGAS SANTAS

Por outra banda, a Consellería informou de que acaba de licitar por case 100.000 euros o contrato para mellorar o estado do viario que conecta o balneario de Augas Santas coa praza do mesmo nome en Pantón.

Así, nesa estrada municipal construirase unha beirarrúa para mellorar a accesibilidade e seguridade, e para homoxeneizar o trazado do viario; do mesmo xeito, prevese a instalación de conducións de recollida de pluviais, definirase un muro para delimitar o paseo, colocarase iluminación e sinalización.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...