HomePolíticaA Xunta di que actuou rápido na estrada derrubada en Folgoso

A Xunta di que actuou rápido na estrada derrubada en Folgoso

Di que esperan licitar a obra da solución ao derrube a finais do ano que vén.

Publicado o

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, compareceu este mércores ante o Parlamento, a petición do grupo popular, para dar conta das actuacións que levan a cabo tras o derrube da estrada autonómica LU-651 entre Folgoso do Courel e Quiroga. Avanzou que esperan licitar a obra da solución ao derrube a finais do ano que vén.

A estrada autonómica sufría un esborralle no mes de marzo do pasado ano, aínda que sen rexistrar desgrazas persoais. Púxose en marcha entón, relatou, un plan de emerxencia para, primeiro coñecer as causas do ocorrido, e logo atopar unha solución.

“Actuouse en tempo marca e con total transparencia, ademais coa colaboración do Concello”, defendeu Vázquez Mourelle, que deslizou que é o mesmo que debería facer outras administracións, en referencia ao ocorrido no viaduto do Castro de Lugo.

As causas do colapso, explicou, “sábense desde o primeiro día” e débese ao colapso dalgunhas galerías subterráneas dunha canteira próxima á estrada. Unha vez se peche o expediente, avanzou, “depuraranse responsabilidades”. Tras levar a cabo o desvío provisional, a solución definitiva chegará, esperan, para mediados do ano que vén –o proxecto– e, para fin do mesmo, a licitación.

ÚLTIMAS

C@urel Vivo organiza unha xornada de primeiros auxilios

O grupo C@urel Vivo, organización política no Concello de Folgoso do Courel, vén de...

O Concello de Chantada aproba os presupostos deste ano que ascenden a 9.400.000€

O alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, destaca que son uns presupostos...

A CIG e o BNG de Monforte en contra da OEP do concello “porque exclúe ás persoas con discapacidade”

O día 29 de xaneiro, na mesa xeral de negociación celebrada no Concello de...

“El marinero” preséntase no Casino de Chantada este 31 de xaneiro

A Irmandade Cultural País do Faro organiza a presentación do libro "El marinero", de...