HomeCulturaSeguen as visitas de contacontos musicado sobre o Apalpador

Seguen as visitas de contacontos musicado sobre o Apalpador

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo programa trinta representacións por todas as comarcas para popularizar esta figura do Nadal galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un contacontos musicado no que “a filla do Apalpador” fala ás crianzas deste personaxe tradicional e da súa historia é a propostas deste Nadal. A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, protagonizan este espectáculo, que está a xirar desde a pasada semana polas comarcas, con 30 funcións programadas, e que pretende afianzar a presenza de tradicións propias na representación do Nadal.

A filla do coñecido Apalpador toma o relevo do seu pai e baixa das montañas para encontrarse coas crianzas da provincia nun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturan cantigas, lendas e dinámicas. Está acompañada polo seu irmán músico André, para mergullarse con cancións da súa misteriosa historia.  Ademais, levará froitos que recolle durante todo o ano e agasallos fabricados por ela mesma para entregar aos nenos e nenas neste Nadal.

As últimas visitas da Apalpadora á zona sur son as seguintes:

Xoves, 29 de decembro. O Saviñao. Auditorio Municipal de Escairón
Luns, 2 de xaneiro. Carballedo. Campo da Feira de Castro



Maite Ferreiro visita ao Apalpador / Vicepresidencia Deputación

ÚLTIMAS

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...