HomesociedadeO Concello de Monforte presenta a programación da XIX Feira Medieval

O Concello de Monforte presenta a programación da XIX Feira Medieval

A presentación oficial das actividades coincidiu coa apertura do “Mercado para a Medieval” na zona dos mercados da Praza de Abastos de Monforte. Este mercado temático ofrece posibilidades para preparar este evento monfortino e desenvóvese esta fin de semana, 25 e 26 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou este 25 de marzo ás 11 horas o “Mercado para a Medieval” no espazo anexo á Praza de Abastos de Monforte. Un evento que reune nesta ocasión, os días 25 e 26 de marzo, 16 stands nos que haberá traxes medievais confeccionados a man para adultos e nenos, complementos para os traxes, artesanía, bixutería, cosmética natural, talla en madeira e noutros materiais, decoración de mesas de terraza para hostalería e hotelería así como decoración de mesas medievais de comedor e centros florais elaborados por diferentes floristerías da cidade.

Este ano participan tamén varias pastelerías e panaderías de Monforte cunha exposición de doces, pasteis, bizcochos e tartas inspirados no Medievo. Elaboracións que participarán no concurso “A polo mellor doce…” onde as e os visitantes poderán avaliar a mellor creación reposteira das expostas durante o mercado. Das votacións recibidas sairá o gañador ou gañadora do mellor doce.

Pola tarde, ás 18:30 h. tivo lugar o Desfile Medieval e o domingo 26 ademais da oferta comercial, a cativada poderá participar en obradoiros infantís ás 12:30 h. con “Velaisca Animación” e ás 17:30 da tarde “O Carballo con botas”.

O horario do Mercado para a Medieval 2023 para o domingo día 26 de marzo será o seguinte: de 11:00h. a 14:00h e de 17:00h a 19:00h.

FEIRA MEDIEVAL 2023

Antes da inauguración do mercado para a preparación da Feira Medieval, José Tomé Roca,  deu a coñecer de xeito resumido o programa oficial de actividades da 19ª edición da Feira Medieval, que se celebrarán os días 8 e 9 de abril de 2023. “Este evento segue traendo a miles de visitantes a mergullarse no noso pasado medieval e facer da nosa Feira o epicentro de Galicia nesa fin de semana”, dixo José Tomé Roca salientando tamén o gran aumento de solicitudes que chegaron este ano. Presentáronse un total de 148 solicitudes de postos de venda e gastronomía para a súa participación na Feira, sendo admitidas 130, 27 postos máis que o ano 2022. Dos postos admitidos, 43 son postos de venda de produtos alimentarios e paradas gastronómicas, 57 artesáns/ás con carta de artesanía ou acreditación correspondente, e 30 postos de comercio.

130 postos de venda e de gastronomía

O rexedor monfortino agradeceu a preseza e implicación de todos eles e informou que “os postos de alimentación estarán distribuídos entre a venda de produtos gastronómicos que irán ubicados no interior do espazo dos mercados, o que se chama Zoco Gastronómico, e o resto das paradas gastronómicas distribuirase ao longo de todo o traxecto, sendo o zoco central destas paradas o atrio da igrexa da Régoa”.

Nesta ocasión haberá paradas gastronómicas tamén na Rúa Pescaderías cun 2º foco gastronómico que inclúe postos de polbo, comida árabe, zonas de té e áreas de descanso, abríndose tamén ao percorrido a Rúa Abelardo Baanante, colocándose máis postos cara o Campo de San Antonio.

Animación de rúa na Feira Medieval 2018. Foto: Xosé M.F.

ACTIVIDADES DE ENTRETEMENTO

No que respecta ao detalle das diferentes actividades que darán vida á Feira Medieval durante os días 8 e 9 de abril, empezouse polas actividades do sábado. Ás 12 horas da mañá haberá unha representación de apertura da feira na que uns pregoeiros desenvolverán un espectáculo no que informarán aos presentes do que acontecerá a fin de semana na cidade de Monforte, dándolle paso ó saúda do Alcalde para declarar aberta a XIX Feira Medieval de 2023 de Monforte.

A continuación, e por quinta vez consecutiva, haberá unha salva de artillería, cunha réplica dunha bombarda do século XIV, para dar inicio oficial á Feira.

Dentro das actividades centrais, José Tomé destacou ‘O campamento Medieval’ da Praza de España, un dos eixos centrais da feira, a programación infantil que terá lugar no ‘Campamento infantil Medieval’ xunto ao Convento das Nais Clarisas, o Espectáculo de aves de rapiña e cetrería, as Xustas medievais, o Gran Torneo Medieval, os espectáculos de lume, o espectáculo ideado para a Praza Luis de Góngora, o Desfile do Gran Dragón  e o espectáculo Fire Performance. Tamén fixo mención a que se mantén o número de fachos do ano pasado que se incrementaron no doble e que serán repartidos no Campo da Virxe así como o número de farolillos de papel que no 2022 se aumentaron a 500 unidades e que serán entregados na Luis de Góngora o sábado pola noite para a súa posterior solta.

José Tomé Roca: “quizais o mais destacado desta nova edición é que se aumenta a decoración á Rúa de Pescaderías e Praza da Alcazaba e tamén á Rúa a Calexa e Abelardo Baanante”

Como novidades desta nova edición da Feira Medieval o rexedor destacou “un incremento dos espectáculos na rúa, coa incorporación doutra banda local, a incorporación dun novo espectáculo itinerante “As Lendas”, o traslado do Concurso de traxes medievais para o domingo día 9 ás 17:00h e unha nova decoración da Ponte Vella e da Praza de S. Antonio. Pero quizais o mais destacado desta nova edición é que se aumenta a decoración á Rúa de Pescaderías e Praza da Alcazaba e tamén á Rúa a Calexa e Abelardo Baanante”.

Finalmente, o Alcalde quixo agradecer a colaboración coa organización da Feira Medieval da Asociación de Artesáns de Monforte e invitou aos establecementos da cidade tanto do comercio como de hostelería a decorar os seus establecementos con motivos medievais para contribuir na difusión e promoción da Feira Medieval.

O orzamento para a organiación do evento rolda os 94.000 €, segundo expuxo o alcalde, dándolle valor a que “supón un 128,55% máis de orzamento que no 2015, antes da chegada ao Concello do Equipo de goberno actual”.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...