HomeCulturaCita co teatro no Auditorio de Chantada este 22 de setembro ás...

Cita co teatro no Auditorio de Chantada este 22 de setembro ás 10:00h

O Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo chega a Chantada, Lugo, Rábade, Mondoñedo e A Pastoriza no que queda de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega en setembro obras de teatro a Chantada, Lugo, Rábade, Mondoñedo e A Pastoriza co Ciclo de Teatro Prefesional impulsado pola área de Cultura que botou a andar o pasado mes de xuño e que este ano inclúe 59 representacións de 14 compañías por toda a provincia.

Este domingo, 22 de setembro ás 10.00h., Señor López Producións porá en escea no Auditorio de Chantada, “A Viaxe do Señor López”, comedia para público familiar.

O Señor López é unha persoa solitaria, triste e gris. Un día calquera acontécelle unha desas cousas tristes e grises tan características do teatro. Aprende a contar chistes. Fala idiomas inventados. Viaxa nunha balsa por un mundo cheo de cores e alegría. O señor López convértese nun paxaro-inuit. Úneste á súa viaxe?

A deputada de Cultura, Iria Castro, sinala que con este ciclo “a área provincial mantén o apoio á rede de compañías profesionais da provincia, poñendo en marcha unha programación concreta que lles permite rendibilizar o seu traballo creativo, e contribuíndo, no medio prazo, a consolidar un público para o teatro e as artes escénicas en todas as comarcas”.

O calendario, confeccionado coa colaboración de concellos e asociacións, inclúe representacións en A Fonsagrada, A Pastoriza, A Pontenova, Alfoz, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Barreiros, Begonte, Bóveda, Burela, Carballedo, Castroverde, Cervo, Chantada, Cospeito, Foz, Friol, Guitiriz, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte, Monterroso, Navia de Suarna, O Corgo, O Saviñao, O Valadouro, O Vicedo, Outeiro de Rei, Pantón, Quiroga, Rábade, Ribas de Sil, Samos, Sarria, Taboada, Vilalba, Viveiro, Xermade.



ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...