O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de actividades para que as familias poidan vivir o Nadal dun xeito dinámico e participativo.
Esta fin de semana comezou xa con movemento, concretamente cunha fantástica actuación de maxia a cargo de David Maestro o sábado 13, e coa programación dun concerto de Nadal a cargo da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia o domingo 14 ás 19:30 h. Será no segundo andar do Centro Comercial e contará con Zoadeira –-Cantareiras e pandeireteiras–, Cuncas do Son –-Cantos de taberna–, Banda de Música e Cultura de Galicia, BatuKaos –-Grupo de batucada–, Cantagalos –-Música tradicional infantil–.

De cara xa á semana seguinte, salientar que o xoves 18 ás 19:30 h. haberá un ‘Encontro de escritores’ con mesa redonda e presentación; o venres 19 a actividade ‘Pinta e colorea’ que se complementará coa presentación do libro “Lúa y el abrigo mágico”; e o domingo 21 o Torneo Infantil de Xadrez ás 11:00 h.
E meténdonos xa na conta atrás para a Noite Boa, o luns 22 ás 12:00 h terá lugar a actuación do Coro Infantil Universitario ‘Cuquiños’, e o martes 23 o concerto do artista Borja Quintela ás 20:00 h.
O domingo 28 o Centro Comercial encherase de ritmo e ambiente festivo cunha serie de Flashmobs que realizarán dende as 11:00 h membros/as da escola de danza “Estilo Libre”.
OUTRAS ACTIVIDADES
Lembrar que haberá talleres infantís do Club de Ponti os venres, sábados, festivos e vésperas de festivos durante as vacacións escolares, no baixo e en horario de 17:30 a 20:30 h. A Mascota ‘Ponti’ fará aparicións os sábados de 18 a 20:00 h. e o público infantil contará tamén coa Zona Gaming os venres, sábados e días de vacacións de 18:00 a 21:00 h.
Así mesmo, a fantástica Pista de Xeo estará dispoñible ata o 25 de xaneiro en horarios ampliados durante as datas de celebración do Nadal.

PAPÁ NOEL E REIS MAGOS
Papá Noel visita o CC Ponte Vella os días 13,14, 19, 20, 21, 22 e 23 de decembro de 17:00 a 20:00 h. e o 24 de decembro de 11 a 14:00 h.
Os Reis Magos estarán presentes os días 3 e 4 de xaneiro de 17:00 a 20:00 h.
Dende a xerencia do Centro Comercial Ponte Vella destacan que esta programación “reforza a aposta do Centro Comercial por ofrecer actividades variadas e de calidade, capaces de atraer e entreter a veciños e visitantes durante unha das épocas máis especiais do ano”; e lembran que as tendas permanecerán abertas os domingos do mes de decembro e o primeiro de xaneiro.

