HomesociedadeDetido por roubar 22.000 euros en dúas casas de Chantada durante 4...

Detido por roubar 22.000 euros en dúas casas de Chantada durante 4 anos

Publicado o

- Advertisement -

EFE.- Un veciño de Chantada de 58 anos de idade foi detido por axentes da Garda Civil como suposto autor dun delito continuado de roubo e un delito de furto en dúas vivendas particulares da localidade durante un período de catro anos.

Nese tempo, indican desde a Garda Civil, o individuo logrou facerse cun botín próximo aos 22.000 euros. Segundo informou a Garda Civil, o suposto ladrón actuou en dúas “vivendas concretas” da localidade de Chantada entre 2013 e setembro de 2017. Supostamente chegou a subtraer do interior desas casas, ás que accedía mediante “escalo” ou mediante o uso dunha “chave falsificada”, uns 20.000 euros en efectivo e xoias por un valor aproximado de 2.000 euros. O detido xa pasou a disposición da autoridade xudicial.

ÚLTIMAS

A ‘Feira do Viño de Amandi’ xa está aquí

O colofón a un completo programa de actividades do Mes de Amandi no concello...

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...