HomesociedadeMonforte contará con bus urbano de balde e con acceso para discapacitados

Monforte contará con bus urbano de balde e con acceso para discapacitados

O Equipo de Goberno saca adiante o concurso para a xestión do servizo de transporte municipal ou bus urbano por un importe de 79.345,59 euros.

Publicado o

- Advertisement -

Monforte é unha cidade cunha superficie moi extensa, con distancias considerables entre algúns barrios e mesmo a periferia co resto da cidade, o que levou ao goberno local  a mellorar, segundo din, este servizo municipal de transporte. O rexedor local destaca que “o actual servizo municipal leva en precario dende decembro de 2004, preto de 15 anos, cando quedou sen resolver un concurso que se levou a cabo naquel ano. Ó non ser resolto aquel concurso, o Concello de entón encargoulle en precario á empresa que actualmente presta o servizo, cun custe para o Concello de 67.620,40 euros.”

O novo servizo de bus urbano, deberá ter as características dun servizo moderno, accesible e adaptado, co fin de poder dar resposta ás necesidades de todas as persoas, incluídas as que teñan mobilidade reducida ou teñan algunha discapacidade.

Ademais, dende o Equipo de Goberno anuncian a gratuidade do servizo para darlle un marcado carácter social. O novo contrato será de 10 ano se terá un custe de 79.345,59 euros por ano, aproximadamente uns 12.000 euros anuais más do que viña costando ata o de agora, pero ao remate dos 10 anos de contrato o autobús pasa a ser propiedade do Concello. O que fará, segundo apuntan desde o concello, que o novo contrato sexa máis barato.

O novo servizo de autobús terá que contar cun vehículo novo que cumpra coas seguintes características:

  • 25 prazas, 15 sentadas e 10 de pé, e para elo irá dotado das barras de subxección verticais e horizontais regulamentarias. Poderán aumentarse o número de prazas si así o ofertan como mellora as empresas que participen no concurso, e seralles tido en conta na valoración da súa oferta.
  • Contará con 2 prazas para persoas con mobilidade reducida
  • Terá unha plataforma ou rampa de acceso para discapacitados.
  • Contará cun emisor de billetes mecánico que lle permita facilitar datos mensuais de viaxeiros ou de facturación.
  • Levará letreiros nunha pantalla dianteira con avisos ou anuncios que decida o Concello.
  • O vehículo deberá levar incorporada unha pantalla de televisión informativa
  • En caso de avaría ou reparacións de mantemento do autobús urbano, a empresa adxudicataria deberá comprometerse a contar cun vehículo de substitución
  • O novo autobús deberá ir provisto dun rótulo que o identifique como autobús de transporte urbano de viaxeiros de Monforte de Lemos.
  • O servizo que se vai prestar o novo autobús será de luns a venres dende as 8 da mañá ata as 8 da tarde, de forma ininterrompida, e os sábados de 8 da mañá a 2 da tarde.

O concurso será publicado este venres día 9 de maio no Perfil do Contratante e na Plataforma de Contratos do Sector Público do Ministerio de Hacienda, que será quen o publique no DOCEBoletín Oficial da Unión Europea. A partir da publicación no DOCE será cando as empresas interesadas poidan enviar as súas ofertas.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...