HomesociedadeO 17 de maio ás 12.00 Monforte concentrarase na Praza de España...

O 17 de maio ás 12.00 Monforte concentrarase na Praza de España en favor do galego

A MESA Lemos celebra unha reunión de socios/as e simpatizantes este venres día 10 de maio no Centro Cívico de Monforte ás 20.00 h. O tema principal é a participación nos actos da Plataforma Queremos Galego na celebración do Día das Letras Galegas.

Publicado o

A MESA pola Normalización Lingüística, para o 17 de maio, Día das Letras Galegas, no canto de convocar á cidadanía para a tradicional manifestación en Compostela convoca este ano manifestacións simultáneas en vilas e cidades de toda Galiza ás 12:00 h. O obxectivo é lembrar a importancia que os servizos municipais de normalización lingüística, as empresas concesionaras ou a formación do funcionariado seguen a ter para a defensa da lingua en todas as comarcas e concellos.
A MESA Lemos celebra este venres día 10 de maio no Centro Cívico de Monforte ás 20.00 unha xuntanza para tratar a participación nos actos da Plataforma Queremos Galego, que este ano terán lugar en forma de concentracións nas principais cidades de Galicia.
Na xuntanza deste venres darase conta da concentración en Monforte para o 17 de maio na Praza España ás 12:00 h. Aproveitarase a xuntanza deste venres para facer balance dos últimos traballos da MESA Lemos e valorar a implicación dos soci@s da zona.
Outro dos temas a tratar é a proposta de Segredos de Pantón para desenvolver accións conxuntas de cara á normalización lingüística na Ribeira Sacra. Segundo este colectivo, varias entidades de carácter público que operan na Ribeira Sacra non respectan os dereitos lingüísticos dos galegos e galegas.

ÚLTIMAS

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...