HomesociedadeOs comerciantes de Sarria premian a fidelidade dos seus clientes

Os comerciantes de Sarria premian a fidelidade dos seus clientes

O pasado día 27 presentouse a campaña "En 60 minutos 1.000 euros", que se desenvolverá durante o mes de xullo.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes e Empresarios – CCU de Sarria presentou onte día 27 de xuño a campaña “En 60 minutos 1.000 euros – 60×1.000”. Trátase dunha iniciativa en favor do comercio local que estará presente nas rúas de Sarria durante todo o mes de xullo, cadrando coa tempada de rebaixas.

As persoas que realicen compras nun dos 30 establecementos adheridos á campaña optarán a un premio que consiste en dispoñer de 1.000 euros para gastar nos comercios da vila, pero nun tempo máximo dunha hora.

Os comercios que participan da campaña son: Ara Moda, Bicarelo, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Carlin, Colorín Colorado Sarria, Cris Abad, D’Ari Shoes, Dimar, Duet, Electronova, Ferretería Sarria, Herboristería Linva, Joyería Díaz, Joyería Salgado, Lar de Menchu, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Olver’s Sarria, Óptica Malecón, Peregrinoteca, Píkaros Story, Piltras, Santamarta, Senayo, Trece Tablas, Ultreia e Vilamey Complementos.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...