HomesociedadeOs cogomelos tamén son para o verán

Os cogomelos tamén son para o verán

Este sábado celébrase a festa de exaltación gastronómica da Cantarela en Paderne do Courel.

Publicado o

- Advertisement -

A USC e a Deputación de Lugo organizan a II Festa da Cantarela, unha cita para poñer en valor o potencial gastronómico deste cogomelo e tamén para dar a coñecer as posibilidades económicas, medioambientais e turísticas das montañas do Courel.

Durante a xornada farase unha degustación de tapas feitas con cantarelas a cargo de Héctor López, cociñeiro do Restaurante España de Lugo.

O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, explicou que “este cogomelo atópase sobre todo en soutos, sendo parte da gran biodiversidade deste tipo de monte autóctono. Temos que dar a coñecer os recursos que temos e que poden servir de atractivos turísticos e gastronómicos durante todo o ano, xa que as setas existen máis alá do outono”.

Como actividade paralela á exaltación gastronómica, a USC convocou un concurso fotográfico baixo o título: As cantarelas e as paisaxes de montaña. As obras participantes estarán expostas na Casa do Concello de Folgoso do Courel e na Estación Científica do Courel.

Cesta de cantarelas. Foto: Barucho

programa

10:30 h. Ruta guiada por itinerarios naturais da contorna. Saída dende o centro de Paderne (aira do Quintairo).

13:00-13:30 h. Inauguración amenizada con música popular.

13:30 h. Degustación popular de tapas elaboradas con cantarelas preparadas nas casas rurais do lugar e polo chef Héctor López do restaurante España de Lugo.

15:00-17:00 h. Entretemento con música e xogos tradicionais.

17:00 h. Entrega de premios do concurso fotográfico: “As cantarelas e as paisaxes de montaña”. Sorteo de rifas e entrega de agasallos.

17:30 h. Charla divulgativa e elaboración en directo ao aire libre de distintos pratos con cantarelas, a cargo do chef Héctor López.

19:00 h. Clausura da Festa.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...