IniciosociedadeTaboada vive do 9 ao 12 de agosto as Festas dos Milagres

Taboada vive do 9 ao 12 de agosto as Festas dos Milagres

Día dos Nenos, Festa da Mocidade, Día da Bicicleta, Festival Folclórico, Festa do Óso e concertos, entre outras actividades, protagonizan os 4 días de Festas dos Milagres no Concello de Taboada.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Taboada celebra do 9 ao 12 de agosto as súas Festas Patronais na honra á Virxe dos Milagres. O día 9 celébrase o Día dos nenos e nenas, que organiza o Concello de Taboada. De  17.00 a 19.30 na rúa do Pavillón contarase con hinchables con movemento, tobogáns acuáticos, circuito de kars e festa da espuma. Nesta xornada ten lugar tamén, a Festa da Mocidade que organiza Marrao Enxebre. Comezarase ás 18.30 con ruta polos bares coa charanga Os Celtasce. Ás 22.00 terá lugar a cea popular para ás 23.30 comenzar cos concertos a cargo de Liviao de Marrao, Ezetaerre, Louband Oficial, Grilo TIAM. Coa camiseta da festa, que se pode adquirir por 15 euros, contarase con cea, cervexa e calimocho.

Cartel Festa da Mocidade

Entre tanto, a Asociación Novas Festas de Taboada, encargada das actuación da Alameda, trae á orquestra Gran Casino para darlle unha opción de festa á xente maior e ás familias na noite do primeiro día. Segundo a Asociación Novas Festas, formada polo sector hostaleiro, nesta noite búscase darlle festa á veciñanza sen competir coa festa da xuventude.

O sábado, día 10, a Banda de Guntín encargarase da sesión vermú. Nesta xornada celébrase o Día da Bicicleta, con saída da Medela ás 11.00. A cita está organizada polas escolas deportivas do Concello de Taboada. Ás 19.00 terá lugar a Ruta polos bares que organiza a Asociación Cultural Os Afogapalletas. Na Alameda haberá ás 23.30 concerto dos Parentes de Sober e ás 1.30 Os Gin Toni´s

Na xornada do domingo, día 11, comezarase ás 12.30 misa cantada pola Coral Polifónica de Taboada. A procesión e sesión vermú será coa Banda de Antas de Ulla que ás 21.30 ofrecerá concerto de rock, versionando temas de rock clásico. Ás 18.30 terá lugar o partido de fútbol na Medela, entre Taboada CF e SD Sarriana. Ás 23.00 comezará a verbena coa orquesta La Fórmula, que primeiro fará un pase para todos os públicos e as últimas duas horas as adicará á mocidade.

No útimo día, o12 de agosto, celébrase a Festa do Óso na Medela, contando coa charanga “Era visto”. O Festival Folclórico comezarás ás 19.00 co grupo de gaitas, canto e danzas Os D´Eiquí de Taboada e o conxunto ruso de danza popular, Yunost. A cita organízaa o Concello cos D´Eiquí. O punto e final na Alameda farase coa verbena a cargo de Charleston Big Band.

Desde a Asociación Novas Festas, encargada das verbenas e parte da programación, aseguran que fixeron un esforzo por recuperar o espírito de facer festas para todos os públicos e con actuacións de calidade. Aproveitan para convidar a veciños e visitantes ás Festas dos Milagres.

Cartel das Festas de Taboada

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...