HomesociedadeRefórzase a seguridade en Monforte para as Patronais

Refórzase a seguridade en Monforte para as Patronais

A Xunta Local de Seguridade vense de reunir para definir o dispositivo de seguridades das Festas Patronais, do Campionato Galego de Ciclismo na súa etapa en Monforte e do San Mateo.

Publicado o

- Advertisement -

Na xuntanza da Xunta Local de Seguridade participaron o Alcalde, José Tomé, a Subdelegada do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez, a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a secretaria accidental do Concello e tamén os representantes dos distintos corpos e forzas de seguridade do Estado: o inspector da Policía Nacional, os representantes da Garda Civil, o representante da D.X. de Emerxencias, representantes da Policía Autonómica así como da Policía Municipal.

Este ano vai haber un maior dispositivo da Policía Local durante as Festas, con 2 patrullas por quenda, mañá, tarde e noite, durante todos os días de celebración das Festas, véndose incrementadas estas dotacións o día 16 no paseo do Malecón con motivo dos fogos do río.

Por parte da Policía Nacional, ademais dos medios propios da Comisaría de Monforte, virán desprazadas durante os días de celebración das Festas outros efectivos procedentes de Ourense ou Vigo, que en número oscilarán entre os 6 e 10 axentes, que completarán o dispositivo de seguridade cidadá.

Polo que respecta á Garda Civil, efectivos da mesma prestarán a súa colaboración na periferia da cidade e particularmente terán presencia nas proximidades do estacionamento provisional que se vai habilitar con motivo das Festas entre a vía do ferrocarril e a N-120.

Na seguridade das Festas Patronais tamén colaborará unha patrulla da Policía Autonómica que centrará o seu traballo na prevención do consumo excesivo de alcol nas zonas cunha maior presencia de persoas.

De cara ó Campionato Galego de Fondo en Carreteira de Ciclismo, que se celebrará en Monforte o 7 de setembro pola tarde, tamén haberá colaboración por parte dos 3 corpos e forzas de seguridade do Estado, tanto no desenvolvemento da proba nas rúas da cidade como no tramo que se desenvolva por estrada fóra do casco urbano. E o 21 de setembro no San Mateo, contarase tamén cos corpos de seguridade da Policía Municipal, Policía Nacional e Garda Civil. Neste caso e nas Patronais contarase coa colaboración do Consorcio de Bombeiros para previr calquera eventualidade relacionada con algún tipo de incendio.

Torneo de Volei Praia

Segundo rematen as Patronais, do 17 ao 25 de agosto celebrarase o Torneo de Volei Praia, que organiza o Club Korbis coa colaboración do Concello. Segundo Roberto Castro do Club Korbis, “está previsto que este ano se superen todas as cifras de participación, xa hai apuntadas 194 parellas, 52 parellas máis que o ano pasado”. Entre os inscritos, ademais de xente de Monforte, tamén os hai de Lugo, Ourense, Cambados, Pontevedra ou Santiago.

Nesta décima edición haberá unha nova categoría denominada “Super 80” na que poderán participar parellas que sumen entre as dúas máis de 80 anos en total, e tamén volverá a ter protagonismo a categoría “Pais e fillos”.

Presentación Torneo Volei / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

En marcha o Ciclo de Concertos de grupos monfortinos

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e...

Outeiro, o Mazo e Soldón, en perigo, no lume descontrolado que ameaza o Courel

A Serra do Courel, unha das xoias ecolóxicas de Galicia, volve a estar en...

20.000 hectáreas levan ardidas co incendio que comezou en Larouco o día 13

Cos datos provisionais que ofrece este 19 de agosto a Consellería de Medio Rural,...