HomesociedadeGrandes festas en San Clodio

Grandes festas en San Clodio

A capitalidade do Concello de Ribas de Sil celebra esta semana as festas de verán cun amplo programa de actividades para todos os públicos. O venres 16 será o día dedicado á xuventude.

Publicado o

- Advertisement -

Dende onte, martes 13, e ata o vindeiro sábado 17, a localidade de San Clodio celebra as súas festas de verán.

Esta noite a partir das 21:30 h. haberá unha pancetada popular na Praza do Concello e a continuación, sobre as 22:30 h. concerto da Banda de Música de Sober. Pechará a xornada a orquestra Galilea.

De cara o xoves 15, pasarrúas do Grupo de Gaitas de Ribas de Sil previo á tradicional procesión polas rúas da vila antes da Misa. Á noite, o baile corre a cargo da orquestra Grupo Limón.

O venres é un dos días máis esperados, sobre todo pola chea de opcións que hai para pasar unha gran xornada. Trátase do “Día da xuventude e a infancia”, no que haberá moitas alternativas para os cativos/as: inchables en horario de mañá e tarde na Praia Fluvial, deslizador acuático de 50 metros, Festa da Escuma, boogies… Pola tarde recibirán a visita dos Minions e sobre as 20:00 h. haberá unha merenda de balde agasallo do Concello para todos/as os participantes.

Inchables na área recreativa da Praia Fluvial. Fonte: Concello de Ribas de Sil

E non acaba aquí a diversión, pois a continuación chega Paco Nogueiras co seu espectáculo musical “Brinca Vai! De aquí para acolá”, no anfiteatro da Praia Fluvial.

Xa pola noite, ás 23:00 h., será o momento dos concertos da xuventude. Este ano os encargados da velada pop-rock serán Sr Jingles e Gin Toni’s; esta última banda un clásico xa das verbenas ‘oitenteiras’ no sur de Lugo.

Cartel da xira 2018/Facebook

Para o sábado 17, día de remate dos festexos, está programada a XXVI Subida ciclista a Torbeo.

ÚLTIMAS

“Aquietar a mente”, novo Faladoiro en Quiroga este 30 de abril

María Teresa Taboada, “Tere para @s amig@s”, é de familia quiroguesa por parte de...

A Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón preséntase como unha experiencia

As actividades da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón déronse a coñecer...

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

Despois dunha “longa noite de pedra” Galicia recupera a electricidade no 85% do territorio

A Xunta decretou na noite do luns a Emerxencia 3 o que implica que...