HomesociedadeSober celebra as súas festas do Carme

Sober celebra as súas festas do Carme

Este venres, 13 de setembro, o concello de Sober comezaba as súas festas patronais na hora á Virxe do Carme. Lucía Pérez e o Grupo A Roda, co seu espectáculo 'A Roda da Igualdade', foron os encargados de poñer múisca a esta primeira noite.

Publicado o

- Advertisement -

Nesta xornada do sábado, 14 de setembro, o pasarrúas e a sesión vermú correu por conta de Rechouchíos de Taboada. Pola tarde, na praza do Toural, tivo lugar o encontro de bandas militares coa Unidade de Música do Terzo Norte da Armada de Ferrol e Unidade de Música do Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa da Coruña. Actuou tamén a Banda de Música de Sober. Esta noite a verbena correrá por conta da Orquestra Canela e ás 24:00 horas actuará Sr. Aliaga.

O domingo día 15 o pasarrúas correrá a cargo da Banda de Música de Sober, que se encargará tamén da sesión vermú. Ás 13:00 horas haberá procesión e misa solemne cantada polo Coro Berea. Xa pola tarde, ás 19:00 horas será a quenda do espectáculo familiar Saaabor! e ás 21:30 horas baile e verbena coa Orquestra Suavecito.

O luns 16 de setembro, festa local en Sober, haberá misa solemne ás 13:30 horas na Igrexa Nova. A partir das 20:30 horas gran paellada xigante e gratuíta a cargo do mestre cociñeiro José Arias. O acompañamento musical correrá a cargo de Estrellas.

Concerto Lucía Perez, Concello de Sober

ÚLTIMAS

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...