HomesociedadeO Concello do Incio no plan de control da avespa velutina

O Concello do Incio no plan de control da avespa velutina

O Concello do Incio vén de asinar un acordo coa consellería do Medio Rural para a cesión en propiedade ao Concello de dous equipos de protección individual e unha pértega con elementos accesorios destinados ao desenvolvemento do Plan de vixilancia e control da avespa velutina en Galicia mediante labores de retirada de niños.

Publicado o

- Advertisement -

O acordo, asinado entre Medio Rural e o Concello do Incio, precisa que a avespa ten unha incidencia especial na produción apícola, xa que unha parte importante da súa dieta está constituída polas abellas, ás que ataca, así como sobre a produción froitícola. Ademais, a presenza de niños pretos de poboacións constitúe un risco para as persoas, especialmente no caso das que sexan alérxicas.

Algúns concellos adheríronse ao Plan de vixilancia e control fronte a esta especie, abordando a retirada dos niños mediante persoal propio, polo que a Consellería do Medio Rural colabora cedendo material ás unidades que participan na retirada desta especie invasora.

Trala cesión do material correspóndelle ao Concello do Incio realizar as tarefas de supervisión necesarias para garantir a permanente dispoñibilidade e operatividade dos equipos de protección individual e a pértega.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...