HomesociedadeConta atrás para matrícularse na Escola de Música e outras actividades na...

Conta atrás para matrícularse na Escola de Música e outras actividades na Pobra do Brollón

Na Escola de Música Municipal ofértanse clases de acordeón, gaita, percusión tradicional (pandeireta, tambor e tamboril), piano e frauta (de pico, traveseira, requinta e frautín). Tamén está aberto o prazo para anotarse nas actividades de manualidades e ximnasia.

Publicado o

- Advertisement -

Ademais das opcións de aprendizaxe musical nos instrumentos devanditos, tamén hai clases de baile tradicional, coro e formación musical. Na maioría das especialidades faranse grupos para adultos/as e nenos/as. Ademais, para nenos e nenas entre 5 e 12 anos hai unha materia específica de iniciación musical, música e movemento e linguaxe musical.

“É unha oportunidade fantástica para aprender e perfeccionar habilidades musicais. Os once anos que leva en marcha a escola falan da cultura musical e o interese que xera entre a veciñanza da Guimaralia a nosa música e baile tradicional” comenta o alcalde Xosé Lois Maceda.

O prezo da matrícula son 90 euros, que inclúe unha materia. Para cada materia adicional, son 45. Para matrículas de dúas persoas dentro dunha mesma unidade familiar, hai un prezo reducido de 75 euros por cada matrícula (inclúe unha materia) e 35 por cada materia adicional. Existe a posibilidade de fraccionar o pago.

As matrículas téñense que formalizar na biblioteca municipal, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ (entre as 11:00 e as 13:30 h.) sendo este venres 20 de setembro o derradeiro día para facelo. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 982 430 546, ou consultar na web do concello.

Manualidades e ximnasia

Os grupos para anotarse nas actividades de manualidades e ximnasia están tamén abertos a novos/as participantes e levaranse a cabo ata finais de novembro en diferentes parroquias do Concello da Pobra do Brollón. O prezo é 10 euros por unha actividade ou 15 para as dúas actividades. Para máis información e horarios, poden consultar na web do concello.

ÚLTIMAS

O Programa de Teatro de Monforte ábrese este 30 de xaneiro

A programación iniciarase o xoves, 30 de xaneiro, coa obra As gardiás, espectáculo para...

Dous detidos en Chantada por agresión sexual a unha muller con discapacidade

Segundo trasladaron fontes próximas á investigación, os arrestos producíronse na xornada do luns no...

Exposición escolar de banda deseñada na Biblioteca do Saviñao

O obradoiro de Estefanía Padullés, Atrévete a facer o teu propio libro, do Programa...

As ‘Mariñeiras’ daranse a coñecer nunha das feiras de snacks máis importantes do mundo

A empresa chantadina Lugar Da Veiga S.L.L., coñecida en gran parte pola elaboración das...