HomesociedadeEscola para o apoderamento de mulleres do rural

Escola para o apoderamento de mulleres do rural

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, formará a mulleres en novas tecnoloxías a través de obradoiros que se impartirán en oito concellos galegos entre finais do mes de setembro e mediados de novembro. 

Publicado o

- Advertisement -

A Escola para o apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica é o nome da iniciativa, unha aposta pola formación en novas tecnoloxías entre as mulleres do rural galego co fin de diminuír a fenda dixital, fomentar o apoderamento financeiro e a autonomía económica nun contexto no que o número de oficinas bancarias diminúe progresivamente e no que as transaccións de bens e servizos a través da rede están á orde do día. 

Entre os obxectivos deste obradoiro de formación está que as asistentes adquiran coñecementos e habilidades relacionadas coa Sociedade da Información (banca electrónica, comercio electrónico) e que coñezan os seus dereitos como persoas consumidoras e as ferramentas existentes que permiten o exercicio dos mesmos. 

Na zona sur de Lugo acollerá un destes cursos, o Concello de Monforte. Será os días 7 e 9 de outubro e 14 e 16 de outubro en horario de 17.00 a 19.00 h. na Aula CEMIT situada no Edificio Multiusos (Rda. María Emilia Casas Baamonde s/n).

As prazas son limitadas e para inscribirse pódese chamar ao teléfono 981 56 64 11 (de luns a venres de 10.00 a 15.00 h.) ou enviar un correo electrónico a prensa@consumidores.gal.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...