Homesociedade5.000 euros para os deportistas no concello de Monforte

5.000 euros para os deportistas no concello de Monforte

Desde este venres 27 de setembro pódense solicitar as axudas económicas dirixidas a deportistas do Concello de Monforte que practiquen algún tipo de modalidade ou especialidade deportiva individual.

Publicado o

- Advertisement -

Destas axudas pódense beneficiar os deportistas, que nun prazo de 15 días, presentes os méritos conseguidos entre o 1 de outubro do 2018 e o 30 de setembro deste ano, e ademais  cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar empadroado/a no Concello de Monforte.
  • Estar federado/a nalgunha das federacións deportivas galegas ou españolas.
  • Ter participado, como mínimo, en tres probas ou campionatos de carácter oficial, dos cales un deles ten que ser o campionato de España, Campionato de Europa ou Campionato do Mundo propio da modalidade deportiva.

O cantidade máxima de cada unha das bolsa establécese en 600,00 € por deportista.

Pódense consultar as bases da convocatoria na páxina web do Concello de Monforte http://www.monfortedelemos.es/gl/subvencions-gl

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...