HomesociedadeO físico Jorge Mira será o pregoeiro da Feira de Artesanía de...

O físico Jorge Mira será o pregoeiro da Feira de Artesanía de Triacastela

Este sábado, 28 de setembro este concello da Comarca de Sarria organiza un encontro coa artesanía e os produtos típicos da zona.

Publicado o

- Advertisement -

O comezo terá lugar ás 10:00 h., momento no que se dará apertura oficial aos diferentes postos de artesanía e de produtos gastronómicos orixinarios da contorna. Durante o día poderanse realizar diferentes obradoiros relacionados coa cestería, o tear, a madeira, a cantería e o cristal.

Entre as 12:00 e as 13:00 h. haberá un pasarrúas a cargo da Charanga de Vilalba, que amenizará o recinto feiral e será a antesala ao pregón de Jorge Mira (13:00 h); coñecido físico, profesor e divulgador científico ademais de presentador da Televisión de Galicia.

A xornada de mañá rematará coa sesión vermú que ofrecerá o dúo Dolcevitamusical entre as 14:00 e as 15:00 h.

Pola tarde, volven os músicos da Charanga de Vilalba entre as 16:00 e as 18:00 h. e está programada unha obra de teatro para as 19:00 h. A compañía Lila Teatro representará “Rara Avis” no local social Fonte do Lunar, con entrada de balde para todos/as os/as asistentes.

O remate da xornada está enfocado á troula pois haberá ‘Cantos de Taberna’ polos locais da vila ata as 22:00 h. e a continuación verbena co dúo Dolcevitamusical.

A organización do evento, que chega á novena edición, corre a cargo da Asociación de Mulleres Rurais Tres Castros, a Asociación de Artesás do Tear Artelar e o Concello de Triacastela.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...