A actividade dirixíase ó alumnado de 2º curso dos ciclos formativos de
Administración, Informática e Imaxe Persoal do IES A Pinguela. Conta coa colaboración de Espazocoop (Unión de Cooperativas Galegas), do grupo de investigación ICEDE da Universidade de Santiago e da Asociación Semente de Monforte, entre outros.
Xosé Lois Lamazares Vence, coordinador Xeral de Galletas Daveiga, e Rosa Álvarez Bernárdez, Técnica da Unión de cooperativas Espazocoop, quen estiveron acompañados de Severino Rodríguez Díaz e José Ovidio Pérez Reñones, da Asociación Semente,
informaron ó alumnado sobre as características das cooperativas e das
sociedades laborais. Deuse conta dos datos e características que definen Daveiga e
invitou ó alumnado a coñecer o seu obrador de gallegas, no polígono de
Chantada,
Tamén se falou do concurso de ideas/proxectos empresariais de Semente Monforte para o
desenvolvemento rural sustentable, con importantes premios para os máis innovadores, das novas oportunidades de Emprego na Galicia rural e dos 3 obradoiros que se levarán a cabo no
instituto durante o mes de novembro sobre como elaborar un plan de empresa
de economía social no ámbito rural e sobre ferramentas de financiamento.
Esta formación estase empezando a impartir en todos os institutos da comarca de Lemos, Chantada, Lalín e nalgúns centros interesados de Ourense, o que sen dúbida é unha nova de interese para colaborar no desenvolvemento económico do interior de Galicia.