HomesociedadeEn Marea pide que se concrete o plan de investimentos da Xunta...

En Marea pide que se concrete o plan de investimentos da Xunta para a Ribeira Sacra

En Marea pide máis fondos para protección e promoción do Patrimonio Histórico, Artístico e Cultural no sur de Lugo e que se concrete o plan de investimentos para a Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputada de En Marea, Paula Vázquez Verao, solicita datos desagregados das actuacións que se van impulsar na Ribeira Sacra, ademais da sinalización do Camiño de Inverno e actuacións en albergues. Desde En Marea lamentan que a Xunta non concrete cando se presentará o Plan de Xestión do BIC Ribeira Sacra e solicitan un plan detallado de actuacións, “Está ben defender a Candidatura a Patrimonio da Humanidade, pero é intolerable ignorar o espolio de bens como San Salvador de Asma, en Chantada, o deterioro de igrexas como a de Lobios, en Sober, ou que a igrexa de Santa María, a pé do Camiño, no Saviñao, sexa un vertedoiro”.

En Marea presentará emendas a estes orzamentos con petición de actuacións en bens culturais da zona, como os citados, así como fondos para impulsar un museo arqueolóxico no Courel, conservar a Ponte Vella de Monforte ou protexer o patrimonio inmaterial.

Por outra banda, En Marea lamenta que en Educación para o sur de Lugo só apareze unha partida de 25.000 euros para a ampliación do IES Val do Asma  de Chantada. Esta formación política terá unha xuntaza monográfica sobre os Orzamentos da Xunta o vindeiro 7 de novembro en Monforte.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...