HomesociedadeO outono na Ribeira Sacra, reclamo para turistas e visitantes

O outono na Ribeira Sacra, reclamo para turistas e visitantes

As alertas e avisos climatolóxicos non impediron que os aloxamentos hoteleiros da Ribeira Sacra chegasen ao 94% de ocupación nesta pasada ponte, sen a penas, cancelacións. Facemos balance e afondamos nas propostas do Consorciode Turismo para este mes.

Publicado o

- Advertisement -

Na ponte de Todos os Santos contouse cun 94% de ocupación na Ribeira Sacra. Un 2% máis que o pasado ano nesta ponte. Había alertas amarelas por temporal para a Ribeira Sacra, pero iso non condicionou a ocupación. “Houbo cancelacións pero cubriuse con persoas que chegaron a última hora”, comenta a xerente do Consorcio de Turismo, Alexandra Seara.

A hotelería de 3 e 4 estrelas tivo unha ocupación do 98%, incrementouse un 9% con respecto a pasado ano; turismo rural 90%, un pouco inferior e outro tipo de aloxamentos, 95% como no 2018.

En xeral, asegura Alexandra Seara, “seguimos mellorando o datos do pasado ano. Destacan os resultados no grupo de “outros aloxamentos”, que crecen un 19%”.

En canto aos datos xerais de outubro, foron os seguintes:

* Hoteis 3 e 4 estrelas: 77 % (-3 % en relación ao 2018)
* Turismo Rural: 62% (+ 2% en relación ao 2018)
* Outros: 69% (+ 19% máis en relación ao 2018)
Total ocupación: 69 % (+ 6% en relación ao 2018 e igual ás previsións de finais de setembro).

As previsións para este mes de novembro son boas e agárdase superar o 57% acadado o pasado ano. “Para a ponte da Inmaculada e da Constitución xa hai reservas. É unha ponte curta porque ocupa parte da fin de semana, pero o turista estase animando”, afirma Seara e adianta que xa se está reservando para o Nadal, “sobre todo alugueres completos.”

Para este mes de novembro, o Consorcio de Turismo organiza diferentes actividades que axudan a afondar na riqueza que o outono lle ofrece á Ribeira Sacra. Co nome da Caída da Folla desenvoveranse entre o 1 e o 30 de novembro unha axenda de actividades como baños de bosque, olebús, fotografía, xeoparque, micoloxía, sendeirismo.

Baños de bosque / Consorciode Turismo RS

“As propostas están tendo moi boa acollida porque temos case todo cheo. Ademais esta fin de semana suspendemos as actividades previstas, porque sempre que hai alertas por temporal cancelamos as actividades para evitar posibles problemas, sobre todo, cando traballamos en espazos abertos. Agora buscaremos novas datas para celebralas, en especial os baños de bosque, que teñen alta demanda”, afirma Alexandra Seara.

Na fin de semana do 9 e 10 de novembro contarase con xornada de recollida e degustación de cogomelos á beira do Miño, farase o tramo do Camiño de Inverno desde A Pobra do Brollón a Pantón e contarase con oleobús. Esta actividade desenvolverase o domingo, con paseo polos olivares en Quiroga, recollida da oliva participando do vareo, visita á almazara, cata de aceites e visita ao muiño de Bendilló.

Para participar destas e outras propostas que se desenvolven ao longo mes poden informarse e inscribirse a través da web turismo.ribeirasacra.org. “Nestes momentos hai ademais prazas libres para participar nas actividades de benestar e sendeirismo no xeorparque do Courel,” confirma Seara.

Cores de outono no Courel. Foto: Guillermo Díaz

ÚLTIMAS

Arrinque exitoso de inscricións no Quiroga Trail Challenge 2026

O pasado 13 de outubro abríronse as inscricións para unha nova edición do Quiroga...

A entidade AGORA presenta a reforma do aseo do seu Centro de Atención Diurna

Co fin de  mellorar as súas instalacións e que as mesmas sexan un referente...

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento...

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...