HomesociedadeExpropiacións para ampliación de gálibo no treito non afectado pola variante Ourense,...

Expropiacións para ampliación de gálibo no treito non afectado pola variante Ourense, Monforte, Lugo

Publicado o

- Advertisement -

Desde este martes, 12 de novembro, sométese a información pública, a efectos de expropiacións, o proxecto de ADIF para ampliación de gálibo en pasos superiores do treito non afectado pola Variante de San Xiao Ourense-Monforte-Lugo.

Tal como figura no anuncio de ADIF publicado este  luns no Boletín Oficial do Estado, desde mañá ábrese un período de información pública, que será de quince días hábiles, sobre a relación de benes e dereitos afectados pola execución das obras do devandito proxecto.

A documentación de expropiacións pódese consultar na Subdelegación do Goberno, na Subdirección de Infraestructura e Vía, no Concello de Monforte de Lemos e no portal de transparencia na páxina web de ADIF.

ÚLTIMAS

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...

Unanimidade do pleno de Folgoso do Courel para destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Este luns acordouse iniciar os trámites co Ministerio do Interior para conseguir o cambio...

Por Chantada propón que o parque das piscinas se chame Mirtha Castiñeiras, que foi 39 anos pediatra no municipio

O grupo municipal Por Chantada – Interior Galego Vivo vén de presentar unha moción...

A CIG celebra este 4 de novembro unha asemblea aberta en Monforte para impulsar a participación na folga xeral do día 11

A Confederación Intersindical Galega (CIG) convoca unha asemblea aberta en Monforte co obxectivo de...