HomesociedadeDe tapas na Pobra do 29 de novembro ao 6 de decembro

De tapas na Pobra do 29 de novembro ao 6 de decembro

O XI Concurso de Tapas da Pobra do Brollón celebrarase do 29 de novembro ata o 6 de decembro. Os establecementos ofrecerán a súa tapa a un prezo de 1,50€ para a súa degustación e valoración por parte dos clientes.

Publicado o

- Advertisement -

O último venres de novembro comeza o XI Concurso de Tapas da Pobra do Brollón. Este ano participan sete establecementos; catro bares na capitalidade, dous en Salcedo e un en Cereixa. ‘Trátase dunha iniciativa xa consolidada no noso concello que permite dinamizar a hostalaría guímara animando a veciños e visitantes a participar coas súas votacións,’ comenta Mónica Rodríguez, a concelleira de eventos.

O xurado popular elixirá as mellores tapas para a entrega do primeiro, segundo e terceiro premio. Valorarase positivamente na decisión dos premios a promoción de viños da Ribeira Sacra.

Entre todos os que votaran sortearase un agasallo que consistirá nun circuíto termal e unha noite para dúas persoas no Hotel Oca Augas Santas de Ferreira de Pantón. A entrega de premios e do agasallo realizarase o día 5 de xaneiro na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ dentro dos actos dos Reis.

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...