HomesociedadeOs cachorros da cadela de Chantada están nun fogar de acollida temporal...

Os cachorros da cadela de Chantada están nun fogar de acollida temporal porque “precisan de biberón”

O xulgado de Chantada xa abriu dilixencia por este caso.

Publicado o

- Advertisement -

A clínica veterinaria de Chantada á que foron trasladados os cachorros da cadela asasinada polo seu dono o sábado confirmou que “non presentaban lesións” e que non “sufriron malos tratos”. Así, lembra que a competencia para actuar en casos de animais abandonados “corresponde aos concellos”.

No entanto, a petición do Concello de Chantada, a Xunta supervisou este martes o traslado dos cachorros “a un centro de acollida de animais autorizado” onde se lles rexistrou e inscribiu. Tamén indicaron que, de acordo á normativa aplicable de benestar animal “e tendo en conta que son moi pequenos e requiren moitos coidados, con biberón cada catro horas”, optouse por entregalos “a un fogar de acollida temporal que os está atendendo e conta con supervisión dos servizos veterinarios”.

Cando sexan máis grandes, poderanse entregar en adopción a distintas familias como se fai habitualmente nos casos de animais abandonados”, apostilaron.

DILIXENCIAS

Por outra banda, o xulgado de Chantada (Lugo) abriu dilixencias polo caso da cadela maltratada neste municipio, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Fiscalía Superior de Galicia, que precisaron que o Ministerio Público persoarase como acusación pública na causa.

Tamén a protectora ‘El Refugio’, de Madrid, que precisa, nun comunicado, que o fixo “tras ter coñecemento dos feitos sucedidos na localidade o sábado 30 de novembro”. Outras entidades como Mundo Vivo ou o partido animalista Pacma anunciaron a súa decisión de personarse, así como o Colexio de Veterinarios de Lugo e a Federación de Cazadores.

OS ARGUMENTOS DO HOME

Por outra banda, o atestado da Garda Civil recolle que identificou ao suposto autor dos feitos, “un veciño da localidade” e dúas testemuñas do sucedido o pasado sábado. Ademais, sinala que o home “admite en presenza dos axentes que disparou cunha escopeta ao animal xa que apareceu fai uns quince días na zona e que, ademais, nun alpendre próximo da súa propiedade atopábase unha camada de cachorros”.

En base ao recollido nestas dilixencias, sostén que a Garda Civil interveu ao home “unha escopeta marca Benelli do maleteiro do seu coche“, á vez que se lle trasladou que sería investigado como suposto autor dun delito de malos tratos aos animais.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...