HomesociedadeEuroserum Ibérica merca 5.000 m2 no Polígono de Monforte

Euroserum Ibérica merca 5.000 m2 no Polígono de Monforte

A xerente de Chan Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo, asinou a venda dunha parcela de 5.000 metros cadrados, por un importe de 117.975 euros á empresa Euroserum Ibérica,  continuará así a súa expansión no parque empresarial de Monforte, no que se sitúan unha vintena de empresas

Publicado o

- Advertisement -

Suelo Empresarial do Atlántico asinou a venda a Euroserum Ibérica da parcela 16A no parque empresarial de Monforte de Lemos, por un importe de 117.975 euros. Esta nova parcela de 5.000 metros cadrados, permitirá á empresa, dedicada á fabricación e venda de produtos lácteos, expandir a súa actividade no parque empresarial.

Medra tamén o polígono do Reboredo, un dos 13 que xestiona SEA en Galicia e no que xa se sitúan unha vintena de empresas. A súa superficie de chan industrial é de 275.235 metros cadrados, dun total de 365.675 metros cadrados.

A xerente de SEA, Beatriz Sestayo, destaca a súa “satisfacción polo impulso que na SEA estamos a dar na industrialización de Galicia e felicitar ás mulleres e homes que achegan o seu esforzo e que repercute non interese xeral”.

Suelo Empresarial do Atlántico, S.L., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Fomento, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.

Reunión SEA / SEA

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...