HomesociedadeA Deputación leva rede de abastecemento a Marrube, no Saviñao e mellorará...

A Deputación leva rede de abastecemento a Marrube, no Saviñao e mellorará a estrada entre Monforte e A Pobra

A Deputación adxudica en 264.000€ as obras de mellora da estrada que une Monforte e A Pobra do Brollón e asina convenio co Saviñao polo que dota de rede de abastecemento á parroquia de Marrube, no Saviñao.

Publicado o

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, vén de asinar un convenio de colaboración co Alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, a través do que a institución provincial destina 182.000 euros á dotación dunha rede de abastecemento que permitirá, ao cento de veciños e veciñas da parroquia de Santa María de Marrube, contar con auga corrente.

O Concello do Saviñao comprometeuse a executar o investimento antes do 31 de agosto do 2020 e encargarase das memorias técnicas, aportar os terreos precisos, permisos e autorizacións obrigatorias para efectuar os traballos.

E a Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar a adxudicación das obras de mellora do firme da estrada que une Monforte de Lemos coa Pobra do Brollón por un importe de 264.000€.  

Os traballos desenvolveranse en preto de 7,5 quilómetros no treito que une Monforte con Vilachá-Rozabales, seguindo un itinerario en forma de T. En concreto, na LU-P-3203, melloraranse 6 quilómetros, entre os puntos 6,030 e 11,997. Ademais, farase outra intervención na LU-P-4702, entre Vilachá e a Estación da Pobra do Brollón. Neste caso, é un quilómetro e medio, entre os puntos 1 e 2,4.

As obras teñen un prazo de execución de 6 meses e consistirán na reapertura e limpeza de cunetas, a mellora do drenaxe da vía para garantir a súa maior durabilidade, a pavimentación e a sinalización horizontal.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...