HomesociedadeSober 100% fibra óptica no 2020

Sober 100% fibra óptica no 2020

Todas as parroquias de Sober contarán con fibra óptica no 2020. Este avance tecnolóxico enmárcase no programa de extensión da Banda Larga de nova xeración no que colaboran a Administración Xeral do Estado e a Xunta de Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

No presente ano leváronse a cabo os traballos na capitalidade municipal e no 2020 farase o despregamento en toda a zona rural do termo municipal. O alcalde, Luis Fernández Guitián, asegura que se trata dunha “extraordinaria noticia para comezar o ano tendo en conta as necesidades das máis de 30 adegas do Concello amparadas pola D.O. Ribeira Sacra, os preto de 40 establecementos de turismo rural e outras empresas radicadas no Concello”.

O despregamento de fibra óptica pode supor pasar da ausencia total de cobertura de rede á posibilidade de acceder a unha das tecnoloxías con maiores índices de velocidade, unha cuestión na que, tanto a Xunta como o Goberno de España, se dispuxeron a investir prioritariamente.

Esta tecnoloxía tamén vai permitir rematar coas zonas brancas, unha denominación para aqueles lugares nos que se carece de acceso a Internet con velocidade de descarga superior a 30 megas, a fibra óptica enmárcase entre os 50 megas e un xigabyte.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...