HomesociedadeO drama da morte da Galicia Rural

O drama da morte da Galicia Rural

Un de cada tres municipios de Galicia perdeu a máis da metade dos seus veciños desde 1981. Alcaldes de concellos pequenos din sentirse "nada apoiados" porque "a presión" que poden facer os seus habitantes "é pequena".

Publicado o

- Advertisement -

En Lugo son xa 26 os concellos que nos últimos 38 anos baixaron en poboación á metade ou mesmo máis. Por iso, cabe resaltar caídas de máis do 70% en Navia de Suarna, que contaba con 3.773 veciños en 1981 e con 1.081 este ano; e en Muras, que pasou de 2.228 a tan só 642.

Con todo, en Ourense é onde se concentran as maiores fugas e onde o despoboamento é máis forte. Entre 1981 e 2019, só oito municipios creceron mentres os 84 restantes baixaron. Pero é que, ademais, ascenden a 11 os que a caída supera o 70%: Baltar, O Bolo, Castrelo de Miño, Cualedro, Lobeira, Parada de Sil, San Xoán de Río, A Teixeira, A Veiga e Verea.

De todos estes, hai dous casos de despoboamento especialmente graves que ostentan, ademais, a marca galega. San Xoán de Río pasou de ter 2.755 veciños en 1981 a só 531 en 2019 (-80,7%), e A Teixeira baixou de 2.030 a 316 (-84,4%).

Toda a información no Galicia Confidencial

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...