A achega de 6.000€ da Deputación contribúe a financiar gastos derivados da celebración da Asemblea Xeral da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), que tivo lugar en Monforte de Lemos. Durante esta cita a Ribeira Sacra converteuse, por tres días, no epicentro do viño en España, contando cunha representación do 98% da produción nacional do viño con Denominación de Orixe.
Os asistentes tiveron a ocasión de viaxar en catamarán, realizar un tramo do Camiño de Inverno en Belesar, comer en diferentes adegas e cenar no Parador de Santo Estevo. A D.O. Ribeira Sacra aproveitaba esta celebración para seguir reunindo apoios á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.


