HomesociedadeQuiroga incentiva o acollemento canino

Quiroga incentiva o acollemento canino

O Concello de Quiroga vén de firmar o acordo de incorporación ao grupo de voluntarios caninos. Un proxecto ao que xa se acolleron nove voluntarios.

Publicado o

- Advertisement -

O traballo dos voluntarios ten como principal finalidade a relaxación e socialización dos cadelos que se atopan no refuxio de animais municipal, polo que os paseos serán a parte máis importante do seu cometido.

Este proxecto de Voluntarios Caninos de Quiroga nace coa finalidade de coidar máis axeitadamente aos cans do refuxio de animais. O programa, baixo a supervisión da xefatura do GES, mantén aberto o protocolo para que todas aquelas persoas que queiran participar o poidan facer en calquera momento, asinando o acordo de incorporación no grupo de voluntarios de coidado destes cans.

As persoas voluntarias comprometeranse a acudir ao refuxio de animais cunha periodicidade mínima quincenal, pasear ao cadelo que lle sexa asignado durante un tempo medio de media hora. Os cadelos levaranse con correa e cumprindo sempre as normas para o paseo de animais pola rúa. Os voluntarios, que poderán cesar nesta actividade cando o desexen, deberán cumprir un período de proba de tres meses no que se avaliará a idoneidade para o traballo.

Voluntarios caninos / Concello de Quiroga

E o refuxio de animais de Quiroga busca persoas que se fagan cargo dos cadelos de diferentes razas, que se atopan nas súas instalacións, algúns deles aínda cachorros. Ademais dos voluntarios para a atención no centro, búscanse voluntarios e familias para o acollemento destes animais

Os cans sairán das instalacións con todo pagado: o microchip obrigatorio, a desparasitación e as vacinas necesarias. Ademais o concello entregaralle á persoa que se faga cargo de cada animal a comida precisa para alimentalo durante un ano.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...