HomesociedadeCasa Macán plantéxase pechar definitivamente

Casa Macán plantéxase pechar definitivamente

O propietario de Casa Macán, Eladio Rigueira, asegura que depois do acoso e derrubamento ao que se viu sometido, baralla seriamente a posibilidade de pechar a súa empresa de produtos lácteos de forma definitiva.

Publicado o

- Advertisement -

Despois de que as autoridades sanitarias decretasen a suspensión cautelar das actividades de Casa Macán por “incumprimentos graves” no proceso de fabricación e cos días que pasaron, Eladio Rigueira recoñece que se atopa “con poucas ganas” de reiniciar a actividade da súa fábrica de Taboada. “Déronnos ata no carné de identidade. É unha vergoña”, dixo o empresario a Efe; “non sei o que faremos. Sinceramente, non o sei. A xente está de vacacións na súa casa. Non sei se imos volver a empezar ou non”.

Asegura que o vivido nas últimas semanas “foi terrible” e que agora mesmo está “moi canso” e non ten xa “ganas” de levantar outra vez o negocio. Por iso, recoñece abertamente que o peche definitivo da fábrica “é unha posibilidade”. “Agora mesmo non sei o que imos facer, nin unha cousa nin outra”, dixo a EFE. Ao seu xuízo, o que sucedeu foi “acoso e derrubamento”, ata conseguir “tombar a alguén que se consideraba moi valente e que se meteu con quen non debía”.

ÚLTIMAS

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...

Decoracións de Nadal no rural de Pantón

Dende o pasado sábado 13 de decembro, e ata pasar Reis, pódense ver as...