HomesociedadeA información pública as expropiacións para dous proxectos de mellora do ferrocarril...

A información pública as expropiacións para dous proxectos de mellora do ferrocarril na provincia

O BOE do día 11 publica os expedientes de expropiación forzosa nos concellos de Monforte de Lemos, O Incio e Sarria, para acometer melloras no ferrocarril.

Publicado o

- Advertisement -

Adif vén de someter a información pública dous proxectos para a execución de diversas melloras do ferrocarril na nosa provincia.

En Monforte de Lemos, as expropiacións afectan a cinco fincas situadas no municipio de Monforte, que son necesarias para as obras do proxecto de ampliación de gálibo en pasos superiores no traxecto non afectado pola variante de San Xiao, entre Ourense-Monforte-Lugo.

Tamén se somete a información pública o expediente de expropiación forzosa motivado polas obras do proxecto de construción do túnel de Oural situado no treito Monforte-Lugo da liña 800 A Coruña-León, de fincas pertencentes aos municipios do Incio e Sarria.

Nos dous casos, o prazo para a presentación de alegacións será de 15 días, a contar desde o día 11.

ÚLTIMAS

San Clodio en festas

Este xoves 30 de outubro xa houbo actividade festeira en San Clodio, empezando ás...

Monforte destina 30.000€ a axudas ao emprendemento

A estas axudas poderán acollerse os autónomos e as pequenas e medianas empresas (PEME)...

Pontón urxe en Sarria a que a Xunta remate o desdobre de Nadela, “que Feijóo comprometera para o 2020”

Pontón visitou este mércores en Sarrria, as instalacións de Galimplant, empresa referente no ámbito...

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da...