HomesociedadeLugo Cambia 360 nunha app para non saír da casa

Lugo Cambia 360 nunha app para non saír da casa

A Deputación de Lugo vén de activar para Android e IOS a aplicación móbil Lugo Cambia 360, unha ferramenta que a través da realidade aumentada permite facer unha viaxe a 25 localizacións da provincia a través de calquera dispositivo. Entra elas están, por exemplo, os Escolapios de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, afirma que é unha app que “abre unha ventá virtual a través da que o usuario pode visitar os Escolapios de Monforte de Lemos, o miradoiro de San Roque en Viveiro ou a Catedral de Lugo dende o alto da Muralla, dende calquera lugar do mundo”. O usuario debe apuntar coa cámara do seu dispositivo ao chan do lugar no que se atope e inmediatamente trasladarase virtualmente ao lugar elixido da provincia de Lugo. Durante esta experiencia, mire cara o lugar que mire, estará nesa contorna elixida na app.

“Con esta ferramenta tecnolóxica calquera persoa nos pode visitar e facer unha primeira toma de contacto e,  despois, unha vez remate o período de confinamento, planifique unha viaxe para descubrir eses lugares aos que se achegou previamente grazas á aplicación”, subliña García Porto.

Nos orzamentos do 2020 a institución provincial destina 2,4 millóns de euros a promoción do territorio co obxectivo de continuar dinamizando o sector. Esta iniciativa reforza o turismo de experiencias e favorece a posta en valor e promoción do inmenso patrimonio cultural e natural da provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...