IniciosociedadePor un Interior Galego Vivo na crise do Covid19

Por un Interior Galego Vivo na crise do Covid19

IGV pide transparencia, creando un portal de acceso libre que ofreza os datos desglosados por concello e centro de saúde, "como xa fan Portugal, Cantabria e Euskadi. O coñecemento leva a extremar as precaucións e transmite tranquilidade, evitando especulacións."

Publicado o

- Advertisement -

Por un Interior Galego Vivo (IGV) explica nun comunicado as cuestións que considera prioritarias para conservar e mellorar o rural, tras a análise que fixeron das necesidades, acertos e deficiencias nesta crise. Algunhas das cuestións que consideran vitais para pór no centro do debate son:

Apertura gradual por territorios e confinamento total para os principais focos. Unha medida urxente á que a observación empírica e as recomendacións científicas conducen.

Descentralización e coordinación da diversidade. Ter políticas centralizadas e únicas para territorios con impactos e realidades totalmente asimétricos non é o máis axeitado. Por exemplo, é posíbel permitir, mediante os pertinentes protocolos, que nas áreas rurais a xente maior e as crianzas saian a pasear para paliar os efectos na mobilidade psicomotriz do confinamento. Non ten sentido que se volva ao traballo, coas conglomeracións resultantes no ámbito urbano, aplicando ao rural un confinamento estrito cando non se producen contactos e se gardan as distancias.

Muller rural / Fademur

A mellor política, a prevención. Realización de testes masivos na poboación, a comezar polos profesionais que están na primeira liña (SAF, brigadistas, persoal municipal, Protección Civil, sanitarias, caixeiras e repoñedoras…), que deben ter prioridade absoluta no reparto de EPI’s, así como seren estes axeitados e eficaces.

Protocolo racional de uso e reparto de máscaras. O mellor sistema de reparto é através das farmacias e dispor nos concellos para o persoal e para dar a colectivos de risco (supermercados, tendas, taxistas etc.). Débese intervir o seu prezo e reparto. Cando o subministro garanta que a poboación máis exposta estea cuberta, reparto responsábel de máscaras á cidadanía dende os concellos.

A transparencia. Creación dun portal de acceso libre que ofreza os datos desglosados por concello e centro de saúde, como xa fan Portugal, Cantabria e Euskadi. O coñecemento leva a extremar as precaucións e transmite tranquilidade, evitando especulacións. Asemade, o desglose por municipios dos casos permite adecuar as políticas públicas a cada zona.

Por un minifundio e humanización dos coidados das persoas maiores e dependentes. Mudar o modelo de macrorresidencias por un reforzo do SAF, asistentes persoais e Centros de Día que fomenten a autonomía persoal e mesmo pequenas aldeas-residencias e/ou vivendas comunitarias para persoas maiores, máis humanas, próximas e que permiten o sostemento da comunidade, alén de rehabilitar vivendas e aldeas abandonadas. En relación aos casos detectados neste momento en centros de atención directa, solución arca de Noé.

Anciáns

Produtores/as locais de comida e mercados de proximidade. É necesario que todas as Administracións (Estatal, Autonómica e Local) se involucren no mantemento dos mercados de proximidade, onde os houber, e na facilitación do traballo de todas as persoas que produzan ou vendan alimentos  locais. Non podemos deixar fechar estas canles máis aínda do que xa o vimos facendo e que toda a comida diaria dependa das grandes superficies.

O día despois. Unha análise da realidade socioeconómica de cada concello para propoñer planos de emerxencia social e de reactivación económica acaídos, que inclúan apoio ás pequenas produtoras agrogandeiras locais e ás PEMES e persoas autónomas, esenciais no noso tecido produtivo.

Políticas públicas que prioricen o socialmente necesario. Desde o ámbito local, debe ser posíbel activar fondos de continxencia e programas de apoio e axudas ás persoas vulnerábeis, autónomas e pequenas empresas, mantendo e reforzando os investimentos, subvencións e axudas, reforzo dos servizos públicos esenciais e, por suposto, reaxustando orzamentos e ordenanzas fiscais. Estas políticas actúan como estabilizadores automáticos na economía.

Coordinación e fronte única na política galega. Cremos necesario que todas e todos os electos, concelleiros e alcaldes, fagamos unha fronte única na política galega. Para iso as comisións de seguimento deben reunirse semanalmente. Non é de recibo tampouco a descordinación, por exemplo no reparto de máscaras, onde nuns concellos se entregan a toda a poboación e noutros son insuficientes mesmo para os profesionais que están na primeira liña.

Proba de COVID19 | ALX

ÚLTIMAS

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...