IniciosociedadeO CAPD de Sarria dá 11 altas e o Hospital de Monforte...

O CAPD de Sarria dá 11 altas e o Hospital de Monforte non ten hospitalizados

No CAPD de Sarria reciben a alta por coronavirus, 8 usuarios e 3 traballadores. Deixan de ser casos activos de Covid19 por curación 3 traballadores da Domusvi de Monforte e 1 usuario e 1 traballador da residencia de Castro Caldelas.

Publicado o

- Advertisement -

O número de casos activos en centros residenciais redúcese xa que se están rexistrando máis curacións que novos casos activos. Na residencias galegas cóntase con 802 usuarios infectados e 302 traballadores.

Nas últimas horas nas residencias da zona sur da provincia deixaron de ser casos activos de Covid19 por curación 3 traballadores da Domusvi de Monforte e 1 usuario e 1 traballador da residencia de Castro Caldelas, que agora conta con 4 usuarios e 8 traballadores con coronavirus. (neste caso provincia de Ourense en territorio Ribeira Sacra).

Nos centros de atención a persoas con discapacidade, Galicia conta con 98 usuarios infectados e 58 traballadores. No CAPD de Sarria reciben a alta por coronavirus, 8 usuarios e 3 traballadores e queda neste centro un único traballador con coronavirus. O resto de centros do sur de Lugo permanecen estables.

A provincia conta con 627 casos activos de coronavirus, 13 máis ca onte. Deses casos, 7 están na UCI, igual ca onte e 26 en hospitalización, 3 na Mariña, 12 na Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA. O Hospital Comarcal de Monforte volve a sumar días sen hospitalizados por Covid19. 594 persoas están na casa como casos activos de Covid19, 15 máis ca onte.

Lévanse producido na provincia 26 falecementos e 126 altas por coronavirus. En Galicia as mortes por Covid19 ascenden a 483.

ÚLTIMAS

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...