HomeSucesosUn incendio deixa danos nunha casa en Sarria

Un incendio deixa danos nunha casa en Sarria

Publicado o

- Advertisement -

Un incendio declarado na tarde deste xoves nunha casa de Sarria (Lugo) causou distintos danos na vivenda, aínda que non provocou vítimas. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o incendio iniciouse sobre as 15,00 horas nunha vivenda do lugar de Vilerma, na parroquia de Maside.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Sarria, da Garda Civil, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, que traballaron na extinción das chamas. O incendio afectou á campá extractora e a varios mobles da cociña, aínda que a totalidade da vivenda quedou afectada polo fume. Os labores de extinción finalizaron ás 16,20 horas.

ÚLTIMAS

Festa de outono do comercio asociado de Chantada

O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada organiza unha festa infantil para celebrar...

“O que hai que ver!”, a vindeira obra de teatro no Multiusos de Monforte

O teatro volve este xoves 23 de outubro ao Edificio Multiusos de Monforte dentro...

Tomé asegura que manterá conxeladas as taxas, agás auga e saneamento que subirá un 3%

Este luns, 27, de outubro, lévase ao pleno do Concello de Monforte a proposta...

Lemos Le celebra o Día das Bibliotecas co lema: “Contra a desinformación, bibliotecas”

Unha das datas máis importantes para o colectivo, é o 24 de outubro, Día...