HomesociedadeInvestigada en Monforte por conducir bébeda

Investigada en Monforte por conducir bébeda

Investigados dous condutores por carecer de carné en Lugo e outro en Monforte por superar a taxa máxima de alcoholemia.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil detecta tres delitos contra a seguridad viaria nos puntos de verificación establecidos durante a ponte do 1 de maio. Dous condutores carecían de permiso de condución de vehículos de motor e a un terceiro superaba a taxa máxima de alcoholemia.

Unha patrulla detectaba na estrada LU- P-3203 (Monforte – Rozabales), á altura do quilómetro 0, pertencente ao termo municipal de Monforte de Lemos, a presenza dun vehículo parado no carril habilitado para a circulación coas luces de avaría accionadas, “presentando a súa condutora unha evidente sintomatoloxía de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas”, subliñou a Garda Civil.

Sometida ás probas para determinar o grao de impregnación alcohólica, obtivo un resultado de 1,01 mgr/ l, “taxa moi superior á legalmente permitida”, subliñaron, e que motiva a súa investigación como presunta autora dun delito contra a seguridade viaria. Tras comprobar os axentes que o seu desprazamento puidese non atoparse dentro dos supostos permitidos no actual estado de alarma, remitiuse, ademais, á Subdelegación do Goberno oficio denuncia por se o feito puidese ser constitutivo dunha infracción administrativa.

ÚLTIMAS

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...