IniciosociedadeAberto o mercado gandeiro de Monforte para a venda de produtos agroalimentarios

Aberto o mercado gandeiro de Monforte para a venda de produtos agroalimentarios

A Xunta permite desde este luns, 4 de maio, a celebración dos mercados locais para a venda exclusiva de produtos agroalimentarios. O día 4 foi feira en Taboada e non houbo ningún posto, este martes foi en Chantada e mañá será en Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

O 6 de maio abrirá a Feira do Mercado Gandeiro de Monforte, pero con restricións importantes, pois tal e como recolle a Resolución da Consellería do Medio Rural do 4 de maio, a venda directa nos mercados limitarase única e exclusivamente a produtos agrícolas e gandeiros do sector de alimentación e produtos perecedoiros, e á venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais.

Os postos deberán cumprir unha serie de normas específicas para que o desenvolvemento desta actividade non supoña ningún risco para a saúde. Deste xeito, tanto o aforo como o número de postos deberanse reducir para evitar riscos para a saúde pública, garantindo unha limitación ó 25% dos postos habituais ou autorizados e unha afluencia inferior a un terzo do aforo habitual.

Os postos deberán atoparse separados por unha vía de tránsito e cunha distancia mínima entre eles de 6 metros, permitíndose unha separación mínima de 4 metros entre os laterais. Como forma de instalación dos postos na superficie do mercado, recoméndase unha disposición en forma de triángulo equilátero, evitando que un punto de venda estea enfrontado a outro.

Dentro dun mesmo posto as persoas vendedoras, que serán as titulares da explotación agraria con actividade inscritas na sección de venda directa (Sevedi) do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), deberán gardar entre si unha distancia mínima de 2 metros, quedando restrinxida a actividade comercial a un único operador no caso de que as medidas do posto non fagan posible esta separación física. Tamén poderán exercer a venda os parentes en primeiro grao que colaboran na actividade agraria ou empregados da explotación.

Ademais, recoméndase ós responsables dos postos poñer a disposición da clientela luvas desbotables. En todo caso, será indispensable o uso de luvas para tocar os produtos en venda e recoméndase contar con dispensadores de xel desinfectante para uso, tanto das persoas vendedoras como das persoas usuarias, de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias.

Con respecto á limpeza e recollida, os refugallos xerados polo mercado deberán ser depositados en bolsas dentro dos colectores instalados ao efecto polos servizos municipais de limpeza e recollida de lixo, e en todo caso observar as determinacións que ao respecto se establezan nas ordenanzas ou bandos municipais.

ÚLTIMAS

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...

O PP urxe a mellorar a ponte da estrada provincial LU-P-1305 en Folgoso do Courel porque “está caendo sobre o río”

O Grupo Provincial Popular esixe que a Deputación de Lugo coloque sinais de advertencia...

A historiadora Manuela Sáez doa ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...