HomesociedadeEn marcha a limpeza das marxes da rede viaria autonómica na provincia

En marcha a limpeza das marxes da rede viaria autonómica na provincia

A Xunta de Galicia vén de iniciar a campaña de limpeza das marxes da rede viaria autonómica da provincia de Lugo, que prevé ter en marcha ata finais de xuño. En total, actuarase nuns 1.490 quilómetros de estradas.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina 643.555 euros a esta actuación, que desenvolve periodicamente nestas datas para mellorar a seguridade na circulación. 

As actividades de mantemento, roza e segado nas marxes das estradas comezan nas zonas onde a vexetación, por particularidades climáticas ou biolóxicas, presenta un estado máis avanzado. Trátase sobre todo de rozas que deben facerse durante esta época, cando xa xerminaron as especies herbáceas, con tempo seco.

A limpeza das cunetas incrementa, ademais, a efectividade da estrada como cortalume en caso de incendio. Deste xeito, increméntase a seguridade nas vías ao mellorar as condicións de visibilidade e diminuír a presenza de materia potencialmente esvaradía.

Desbroces / delegación territorial

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...