HomesociedadeReparto a domicilio do material que os escolares deixaron nos colexios

Reparto a domicilio do material que os escolares deixaron nos colexios

A Xunta de Galicia comeza a distribuír aos escolares de Monforte de Lemos o material  que deixaran nos centros educativos tras a suspensión das clases acordada no marco das medidas de loita contra o coronavirus.

Publicado o

- Advertisement -

Axentes das brigadas da Consellería e Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participan de forma voluntaria desta iniciativa, levando ao domicilio dos alumnos os libros e outros elementos que permanecía nas aulas para que poidan seguir facendo uso deles dende as súas casas. 

Durante os próximos días prestarán este servizo a todos os alumnos e alumnas dos centros do municipio que imparten as etapas de educación infantil e primaria, para evitarlles desprazamentos ás familias e tamén que  puntualmente puideran concorrer demasiadas persoas nas instalacións.

Entrega material escolar / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Monforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas

O certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial...

O Ciclo Mestre Mateo chega este verán a Taboada, A Pobra do Brollón e Sarria

Nesta edición, o público poderá ver un total de oito títulos: Sirât, As liñas...

Premio Escoba de Platino 2026 para Monforte e xa van 4

Esta semana, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, trasladouse a Madrid para recoller...

Comeza a mellora do campo de fútbol da Ribela en Sarria á que se destinan 516.200€

Este xoves comezaron as obras e visitou as instalacións deportivas o delegado territorial de...