IniciosociedadeA Ribeira Sacra prepárase para despegar

A Ribeira Sacra prepárase para despegar

A Xunta de Galicia convocará nas próximas semanas a orde de axudas para financiar intervencións tanto de particulares como de concellos na Área de Rehabilitación Integral (ARI) da Ribeira Sacra. Seguen avanzando proxectos de recuperación do patrimonio e unificación da paisaxe con atención á sensibilización ambiental.

Publicado o

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, traladou aos alcaldes dos concellos localizados na ARI RibeiraSacra que a Xunta de Galicia convocará nas próximas semanas a orde de axudas para financiar intervencións tanto de particulares como de concellos nesta área de rehabilitación. Trátase unha das 10 iniciativas de carácter ambiental e de ordenación do medio físico e urbano incluídas no Plan Estratéxico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a Ribeira Sacra. Este conxunto de medidas suman en total 3,5 millóns de euros e con elas preténdese mellorar a protección deste territorio a nivel paisaxístico, ambiental e urbanístico, ao tempo que se regulan as futuras intervencións no mesmo.

A ARI da Ribeira Sacra está xestionada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e intégrana un total de 25 concellos das provincias de Lugo e Ourense, os mesmos incluídos na área de estudo do expediente remitido á Unesco no marco da candidatura a Patrimonio da Humanidade.

ARI Ribeira Sacra videoconferencia / Delegación Territorial

Grazas a esta declaración, tanto os concellos como os particulares poderán acceder a axudas públicas para promover accións integrais de rehabilitación dentro do seu ámbito territorial. Esta primeira convocatoria de axudas estará inicialmente dotada cunha partida de 850.000 euros.

Outra das accións estratéxicas programadas pola Xunta na Ribeira Sacra pasa pola aprobación dun Plan Territorial Integrado (PTI) para os 14 concellos considerados de máxima protección do BIC Paisaxe Cultural Ribeira Sacra (Carballedo, Castro Caldelas, Chantada, Nogueira de Ramuín, Pantón, Parada de Sil, Monforte de Lemos, A Peroxa, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil, San Xoán de Río, O Saviñao, Sober e A Teixeira) co fin de ordenar e posibilitar a regularización urbanística das construcións accesorias de lecer. Esta actuación contará cun orzamento de 500.000 euros e completarase no 2021.

Co Plan Hurbe da Consellería destinaranse 1,3 millóns de euros de aquí ao ano 2021 para proxectos de recuperación de espazos de elevado interese patrimonial que se atopen moi deteriorados, por exemplo, as contornas da Igrexa de Santa María de Nogueira de Miño (Chantada) e do Mosteiro de Ribas de Sil. A Xunta tamén prevé iniciar no vindeiro mes de xuño o trámite ambiental do Plan de Ordenación do Medio Físico (POMF) de San Fiz de Asma en Chantada.

Unificar a paisaxe

A Consellería tamén está a traballar na unificación das dúas Áreas de Especial Interese Paisaxístico -as correspondentes ao Canón do Sil e ao Canón do Miño– nunha soa, que se denominará Ribeira Sacra para adaptar esta delimitación paisaxística preexistente ao recollido na declaración do BIC. Estes traballos culminarase en 2020.

Canón do Sil / Felipe Castro

Ao mesmo tempo, porase en marcha un Pacto pola Paisaxe financiado pola Xunta –cun investimento de 700.000 euros e horizonte temporal no 2021- e xestionado polo Consorcio, para promover a protección e mellora deste territorio. E por último, elaborarase tamén un Plan de Acción da Paisaxe para os seguintes itinerarios de interese paisaxístico: Chantada-Ponte Nova dos Peares, e Monforte de Lemos-Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

A sensibilización ambiental será outra das frontes que se quere abordar con este plan de acción para a Ribeira Sacra. Así, no marco do programa de educación medioambiental Voz Natura, deseñarase un proxecto piloto para que os centros escolares desta zona poidan colaborar na recuperación de viñedos e zonas degradadas da man de comunidades de montes en man común. Esta acción financiarase con fondos propios entre 2020 e 2024.

Así mesmo e directamente relacionado coa busca e o fomento dun turismo sustentable, está previsto desenvolver para a Ribeira Sacra unha nova ruta de Árbores con Historia. A idea é seguir o mesmo esquema das tres xa existentes (Santiago-Rías Baixas, Ourense Occidental e Ourense Oriental) para a posta en valor do patrimonio natural constituído polos elementos do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras localizados no ámbito da futura Reserva da Biosfera. Este traballo materializarase en 2021 e terá un investimento de 30.000 euros.

Río Miño na Cova / jrcasan.com

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...