HomesociedadeI Congreso do aceite en Quiroga por vídeo conferencia

I Congreso do aceite en Quiroga por vídeo conferencia

Unha vídeo conferencia con importantes entendidos do mundo do aceite substituirá ao I Congreso Internacional do Aceite de Quiroga, que se non fose pola pandemia da Covid-19, celebraríase estes días no concello, como antesala da XX Mostra do Aceite de Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

Autoridades do mundo da medicina, profesores das Universidades de Córdoba e Jaén, técnicos da Consellería do Medio Rural e representantes das empresas oleicas Galpagro, Olearum, tiñan previsto reunirse en Quiroga para divulgar as singularidades do aceite de oliva de produción local.

O Concello de Quiroga non quixo deixar pasar ter as oliveiras cheas de flor augurando unha boa colleita e o aceite da anterior colleita perfectamente decantado, para desenvolver esta cita, farao por vídeo conferencia este venres, día 29 de maio.

A historia e a cultura da oliveira na comarca, o rexistro de variedades, análises sensoriais e químicas, os beneficios do aceite de oliva virxe extra (AOVE) para a saúde e a elaboración e a comercialización do AOVE eran os temas a tratar neste I Congreso Internacional do Aceite de Quiroga.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o delegado territorial, José Manuel Balseiro, tamén participarán neste impulso ao aceite de Quiroga que segue agardando pola súa Denominación de Orixe.

ÚLTIMAS

Este 18 de xaneiro preséntase o tomo IX de Alicerces

O acto de presentación terá lugar este sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal...

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez,...