HomesociedadeRenuncia de Maribel García como concelleira de EspertaMonforte!

Renuncia de Maribel García como concelleira de EspertaMonforte!

Maribel García, concelleira de EspertaMonforte!, informa a través dunha carta á cidadanía que remite aos medios de comunicación, da solicitude de baixa como Concelleira por motivos persoais.

Publicado o

- Advertisement -

Maribel García informa de que leva dende o mes de xaneiro deste ano en situación de baixa laboral, polo que tiña xa previsto facer efectiva a súa baixa como concelleira no pleno do mes de marzo, xa que estas solicitudes teñen que levarse a pleno. Co estado de alarma fará efectiva a súa renuncia no primeiro pleno ordinario que terá lugar o próximo día 29 de Xuño.

A concelleira de Esperta asegura que non se trata de ningunha doenza de gravidade, pero que lle queda un tempo considerable de baixa e que a ética persoal lle aconsella non estar desenvolvendo outras labores nunha situación de baixa laboral, aínda que efectivamente o poida desenvolver.

Maribel García afirma que virán tempos de moita actividade municipal, “que precisan de moita dedicación persoal, e que lamentablemente no futuro máis próximo non podería dispor. Vou seguir ligada a espertamonforte!, traballando e colaborando co novo Concelleiro con todas as ganas e forza que a miña situación me permita.”

A concelleira remata a súa carta con agradecementos a todas as persoas que a teñen axudado nestes anos, “Tamén mil perdóns a todos aqueles que ben seguro esperaban mais de mín, para uns e outros dicir que fixen o que puiden de corazón e sen esperar nada a cambio, traballo que non sería posible sen a colaboración de toda a candidatura. Espero poder seguir loitando polo futuro deste pobo, e desde logo poden dar por seguro que colaborarei con todo aquilo que redunde na mellora da calidade de vida dos MONFORTINO/AS.”

ÚLTIMAS

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...