HomesociedadeNova estación SAIH no río Asma en Chantada

Nova estación SAIH no río Asma en Chantada

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil comezou esta semana as obras de ampliación da REDE SAIH (Sistema Automático de Información Hidrolóxica) no río Asma, ao seu paso polo centro urbano de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras consisten na implantación de equipos de instrumentación e transmisión dos datos en tempo real, nivel da auga no leito así como temperatura ambiente e pluviosidade que chegarán ao CECU (Centro de Control de Cuenca), do que dispón a Confederación Hidrográfica Miño Sil en Ourense, para valoración dos mesmos, coordinación e actuación.

Esta estación proxectouse na área de Potencial Risco de Inundación (ARPSI) de Chantada conforme á planificación do risco de inundación do segundo ciclo para facilitar o control e a capacidade de reacción en períodos de choivas abondosas que produzan incrementos considerables de caudal. Ademais das actuacións descritas, tamén se acometerán os traballos de obra civil asociados á mesma.

O conxunto da actuación supón un investimento de 36.287,38€. As obras enmárcanse na actividade 4 “Programa de control e retención natural” dentro da acción para a ampliación rede SAIH, SAICA, piezometría e control químico, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER ).

A través deste mesmo proxecto, xa foron executadas cinco novas estacións do Sistema Automático de Calidade da Augas ( SAICA), no río Louro (Tui, Pontevedra), río Deva (Arbo, Pontevedra), río Sarria (Sarria, Pontevedra), río Avia (Leiro, Ourense) e río Arenteiro (Carballiño, Ourense) e en breve estará finalizada e en funcionamento a nova estación SAIH no río Arnoia ao seu paso por Allariz (Ourense).

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...