HomesociedadeRemata o campamento de Sober "Coñece o teu concello"

Remata o campamento de Sober “Coñece o teu concello”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os nenos e nenas que participaron no Campamento de Verán ‘Coñece o teu Concello’ tiveron o punto e final á actividade cunha sesión de contacontos con Anxo Moure baixo o título de ‘Nubinete’. Ao rematar aproveitaron para refrescarse nas piscinas municipais. O campamento finalizou coa entrega de diplomas por parte do alcalde, Luis Fernández Guitián, e unha comida todos xuntos.


Ao longo de todo o mes os participantes no campamento levaron a cabo numerosas actividades, así como difetentes saídas a lugares de interese do Concello, como a Rectoral de Anllo, a fábrica Pulviplass, un paseo polos Canón do Sil, visita aos miradoiros ou unha ruta en kayak, entre outros.

Tamén participaron nunha xincana pola igualdade. Obradoiros, talleres e lecturas completan as actividades que levaron a cabo ao longo do mes de xullo.

Campamento Coñece o teu concello / Concello de Sober

ÚLTIMAS

A xornalista e comunicadora feminista Cristina Fallarás, o sábado 17 en Chantada

A asociación 'Polamiúda' de Chantada organiza o vindeiro 17 de xaneiro unha interesante charla...

Quiroga viaxa a Santiago o 18 de xaneiro para ver “Memorias dun neno labrego”

A obra que se representará é “Memorias dun neno labrego”, baixo a dirección e...

13.600€ na rehabilitación da Fonte de Piñeiro en Bóveda

O Goberno local solicitou unha axuda para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinada...